O Noso Derbi, o día do fútbol galego

15 abr. 2012

O Noso Derbi, o día do fútbol galego



Ídesme deixar esta vez que no artículo que vou a escribir utilice a miña outra lingua, o galego. No día de hoxe celébrase a festa do fútbol de Galicia, e a ocasión merece que utilice o noso preciado legado linguístico para falar deste tema.

Facía 5 anos, dende 2007 que Celta e Deportivo non medían as suas forzas en Balaídos. Polos azares da vida, coincidiu que o encontro se celebrou tamén un 15 de abril, polo que este domingo será o aniversario exacto daquela disputa, que rematou con victoria local por 1-0 e gol de Fernando Baiano. Os de Oltra loitarán por facer que o resultado nesta ocasión sexa moi diferente.

Chega este encontro nun momento decisivo da tempada, a 10 partidos do final e 7 puntos de vantaxe para os coruñeses (a espera dun partido pendente de remate do Celta). Unha victoria branquiazul deixaría o ascenso encarrilado, mentres que un resultado favorable para os de Vigo daría emoción ó último tramo da competición.

O partido ten todolos ingredientes para ser un espectáculo, e as afeccións deben de ter moi en conta que o de hoxe, ainde que estea envolto nunha forte néboa de paixón, non deixa de ser un deporte. Non fagamos que un partido tan bonito se converta nun motivo de vergoña e disfrutemos do que ambolos dous conxuntos teñen que ofrecer, deixando as disputas dialectais para o día seguinte, cando os ánimos estean máis calmados. Fagamos caso a iniciativa saída nos últimos dias dende as peñas e as plataforamas dixitais que seguen a actualidade dos clubes.

O de hoxe será unha festa, a festa do noso fútbol, e ninguén pode privarnos de eso máis que nos mesmos. Non se pode facer demagoxia, todos sabemos que desexar sorte o rival non sería máis que unha hipócrita postura e que todos queremos gañar esto como sexa, pero polo menos deberemos respetar a quen temos diante e pensar que teñen tanto dereito coma nos a defender ó seu equipo. Que cando entremos ás 12:00 en Balaídos vaiamos pensando só en ver un bo partido e a victoria dos nosos é todo o que se pode pedir. Que comece o espectáculo.

Recordo tamén que xa podedes conseguir o libro solidario 'Relatos sobre el Derbi Celta-Depor', literatura por unha boa causa.

1 comentario :

  1. Gustariame estar na nosa terra para ver este partidazo,pero por motivod de trabbalo estou en Londres;ojala puidesen gañar os dous.Bo traballo con este blog,un saudo GALICIA

    ResponderEliminar